Os menores sancionados por consumo de alcol poderán cambiar a multa por horas de traballo comunitario

Os menores sancionados por consumo de alcol poderán cambiar a multa por horas de traballo comunitario

15 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Xunta avanza a próxima publicación dunha orde pola cal os menores sancionados por beber alcol poderán substituír o pago da multa por horas de traballo en programas preventivos de carácter formativo. Deste xeito, se a sanción habitual rolda os 600 euros en metálico, o menor multado deberá realizar unhas 25 horas de traballo para saldar a súa débeda. Así, tr

As intoxicacións etílicas entre os máis novos reducíronse un 11 por cento en Galicia en 2011, o que supón un total de 70 urxencias menos atendidas polo servizo do 061 respecto ao ano 2010. Así o anunciou o director xeral de Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela, quen sinalou que 6 de cada 1.000 mozos galegos entre os 12 e os 24 anos sufriron unha intoxicación etílica. Ademais, arredor de 200 rapaces foron sancionados por consumir ou mercar alcol e case 60 establecementos por vendelo.

Varela alerta da baixa percepción de risco que aínda existe entre os mozos sobreo o alcol, xa que o 47 por cento dos alumnos de secundaria non cre que tomar cinco ou seis copas supoña un risco importante.

Sociedade