Os meus ollos, as túas mans

Os meus ollos, as túas mans

05 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As gratificacións emocionais dos cooperantes, o retorno da axuda solidaria, a mirada de gratitude dunha persoa feble. Unha mostra de Implicad@s no Desenvolvemento quere recoller todas esas sensacións. A exposición, creada por ilustracións que amosan o traballo do voluntariado, poderase visitar na Casa Museo María Pita na Coruña ata o 28 de abril. Nesta ocasión a exposición estará formada polas obras das dúas edicións do encontro

 

A exposición Os meus ollos, as túas mans II é resultado da convivencia entre o voluntariado de Implicadas e un grupo de recoñecid@s ilustrador@s durante a xornada do 27 de decembro de 2011. Ao longo da mesma, ambos grupos intercambiaron vivencias, impresións e sensacións acerca do traballo da organización, dos seus obxectivos, filosofía e modo de traballo para dar lugar, por medio da tradución plástica dos testemuños do voluntariado por parte d@s ilustrador@s. 

Está é a segunda edición dunha iniciativa que nace o pasado 2010, e coa que Implicadas pretende plasmar a visión da cooperación a través dos ollos do voluntariado da organización, unha perspectiva que non sempre atopa un camiño para chegar á cidadanía. Na súa anterior edición, a iniciativa tivo unha excelente acollida, e percorreu boa parte da xeografía galega.

Nesta ocasión a exposición estará formada polas obras das dúas edicións do encontro con ilustrador@as. Así, tanto as ilustracións do 2010 coma as do 2011 estarán expostas xuntas na Casa Museo María Pita (A Coruña).

Sociedade