ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación Galega de Moteiros organiza este sábado a Volta a Galicia nun día. Tras este nome de aparencia lúdica atópase unha manifestación, ou mellor dito sete manifestacións consecutivas, que reclaman seguridade viaria nas estradas da comunidade.
27 motoristas perderon a vida en Galicia no 2008; unha cifra que, segundo os expertos, se terían reducido de xeito considerable coa eliminación dos gardaraís que permanecen na meirande parte da rede viaria. Os proxectos do Ministerio de Fomento e da Consellería de Política Territorial contemplan investimentos millonarios para a substitución destes dispositivos por novos sistema de protección seguros, pero desde os colectivos afectados denuncian que esas promesas aínda non se plasmaron na práctica. Así as cousas, un dos directivos da Asociación Galega de Moteiros, José Suárez, reclamou nos micrófonos de Radiofusión unha xuntanza co novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para contemplar medidas arredor da seguridade nas estradas.
Para facer escoitar a súa voz os motoristas saíran este sábado a rúa. Os convocantes programaron sete manifestacións consecutivas nas sete cidades galegas. A primeira delas celebrarase ás oito e media da mañá en Ferrol e a última, ás nove da noite en Lugo. O obxectivo desta curiosa organización é que os interesados en participar na protesta acudan á aquela concentración que lles quede máis preto, pero algúns xa amosaron o seu interese de percorrer ao completo os 500 quilómetros da marcha e, cumprindo así co título da iniciativa, percorrer Galicia nun só día.