Os mozos galegos deberan cobrar un 144 % máis para poder asumir unha hipoteca

Os mozos galegos deberan cobrar un 144 % máis para poder asumir unha hipoteca

10 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A compra de vivenda caeu un 13 por cento en Galicia no primeiro trimestre do ano, en parte porque os máis novos non poden acceder a ela. Un mozo galego debería dedicar o 73 por cento do seu salario neto mensual ao pagamento dunha hipoteca tipo. A situación é aínda peor para as mozas, que deberían abonar un 80 por cento, porque cobran uns 1.500 euros menos ao ano. O Observatorio Xoven de Vivenda do Consello da Xuventude de España analizou no cuarto trimestre d

O esforzo financieiro para os máis novos minguou un 2,8 por cento, pero fíxoo pola baixada dos tipos e do prezo da vivenda, que foi coincidir cunha conxuntura laboral moi negativa. Segundo o Observatorio Xoven da Vivienda para que unha persoa nova puidese adquirir unha vivenda libre sen endebedarse por enriba do 30% da súa renda, esta vivenda non podería pasar dos 35 metros cadrados construídos. Azucena Rodríguez salientou que as condicións tampouco melloran no caso do aluguer, pois a superficie do piso non excedería os 45 metros. Así as cousas, a representane do CXG demanda medidas para axeitar os niveis salariais e do mercado inmobiliario.

Verbo das medidas decretadas pola Xunta para eliminar o pagamento de taxas relacionadas coa adquisición de vivenda libre, e que suporían un aforro medio de 7.000 euros para os menores de 35 anos, Rodríguez saúda a iniciativa, pero apunta que é insuficiente e que hai que aspirar a ir máis aló na axuda á emancipación da mocidade.

Sociedade