Os oficios de orixe medieval en Fene na fin de semana

Os oficios de orixe medieval en Fene na fin de semana

11 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O paseo marítimo de San Valentín acolle esta fin de semana, o sabado 12 e domingo 13, a I Feira de Artesanía Medieval, organizada pola Asociación Cultural O Tadetas. Faise coincidir o sabado coa Xuntanza de Palilleiras no pavillón A Xunqueira, organizada pola mesma asociación e a Escola de Palilleiras do barrio. O sabado actua no recinto feiral O Deus Pan, un fauno contacontos que percorrerá os postos de artesanía da feira.

Palilleiras
Son 500 as palilleiras de toda Galicia as que acudirán á Xuntanza este ano. Un numero que satisfai ás organizadoras tento en conta a premura da organización. As portas do pavillón A Xunqueira abriráse de ás 11 da mañá para dar entrada ao público.

Feira
A Feira Medieval de Artesanía reunirá 50 postos de artesáns do máis variopinto. A idea é facer un encontro no que os artesáns traballen en directo diante do público, segundo o membro da asociación O Tadetas, Xosé Mª Permuy. Os postos de artesanía distribuiranse ao longo do paseo marítimo de San Valentín, con panadeiros, queixeiras, soprado de vidro, talla de madeira, de prata ou de coiro, canteiros e un libreiro. Entre eles chama a atención un arxentino afincado en galicia dende hai tres anos, Fabián Pazos, mestre soprador de vidro. A Feira abrirá ao publico entre as 11 da mañán e as 11 da noite, tanto o sabado como o domingo.

Dous bares de Fene, A Ponte e A Morriña, aportarán a cantina para dar de comer e beber aos visitantes, con bocatas, liscos e outros petiscos, durante toda a semana. Pero xa esta noite de preparan unha churracada a prezos populares.

Sociedade