Os pementos que non pican, no Couto

Os pementos que non pican, no Couto

08 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os pementos de Padrón, uns pican e outros non. Os do Couto non pica ningún. E en cambio manteñen intacto o seu sabor, a súa textura e as súas propiedades nutritivas. Mañá domingo teñen ocasión de comprobalo na Festa do pemento do Couto en Narón.

O pemento do Couto é un vexetal de pequeno tamaño e forma algo alongada, lixeiramente surcada ao longo por estrías bulbosas, que lle confiren un aspecto enrugado tras a fritura. A diferencia dos pementos de Padrón, ningún dos do Couto pican, polo que o seu consumo obvia a tradicional discusión sobre as características dos pementos picantes. As celebracións de mañá en Narón comezarán ás once da mañá con exposición e degustación de productos da zona. A unha do mediodia o ex presidente da cooperativa do Val José Garcia e o concelleiro Guillermo Sánchez Fojo recibirán os Pementos de Honra. A degustación gratuita celebrase no parque da Picota, no Couto en Narón, mañá domingo dende as once da mañá.

Sociedade