Os pequenos detalles da natureza

Os pequenos detalles da natureza

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os paxaros son os protagonistas indiscutibles da mostra fotográfica que ata o vindeiro domingo se pode visitar na Casa da Torre. Álvaro Martínez Leiro reúne nesta exposición máis de 40 imaxes tomadas na parroquia de Moscoso en Pazos de Borbén durante os últimos cinco anos. Un coidado traballo a través do cal o fotógrafo pretende facer unha chamada de atención en canto a necesida

Por este motivo, ademais das imaxes Martínez Leiro, membro do movemento fotográfico Arte_K, acompaña as fotografías de pequenos textos nos que recolle distintas reflexións sobre o relato visual e se pregunta se o noso comportamento é o máis axeitado.

Detrás das fotografías cinco anos de traballo que permitiron ao seu autor achegarse a pequena distancia dos animais fotografados e recoller imaxes nalgúns casos impactantes. A mostra permanecerá na Casa da Torre ata o vindeiro 22 de marzo.

Cultura