Os piratas de Redes preparan a revancha contra os viquingos de Limodre

Os piratas de Redes preparan a revancha contra os viquingos de Limodre

01 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os piratas de Redes preparanse para invadir Rio Castro en Limodre (Fene A Coruña) o sábado 21 de agosto. Intentarán apoderarse da terra dos viquingos e secuestrar a algún dos seus habitantes, despois de sofrir unha flagrante derrota na tarde de onte sábado.

Todo tipo de barcos e lanchas participaron na invasión de Redes. Os redeños intentaron defenderse con mangueiras e caldeiros de auga, utilizando incluso un camión dos bombeiros do Concello de Ares. Pero todo foi inutil diante da destreza, valentía e coraxe dos viquingos de Río Castro.

Despois da invasión, retornaron a Limodre onde máis de 700 persoas gozaron cunha churrascada amenizada polos grupos Black Jack, Carlos Rey, Os Zares e os Super Ratones. 

Sociedade