Os prexubilados de Izar pendentes da decisión da empresa

Os prexubilados de Izar pendentes da decisión da empresa

17 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Sindicato Comarcal de Industria de CCOO de Ferrol informa ás persoas afetadas polos descontos realizados ao colectivo de prexubilados de IZAR Fene-Ferrol que están á espera de coñecer as intencións da empresa respecto á sentenza adoitada polo Tribunal Supremo. A central sindical ten previsto unha serie de medidas ao respecto. 

En función da sentenza do Tribunal Supremo referida aos descontos realizados ao colectivo de persoas prexubiladas de IZAR Fene-Ferrol ano 2004 e ao expedente do ano 99 de Bazán, o Sindicato Comarcal de Industria de CCOO de Ferrol informa a todos os afiliados e afiliadas: 

1.- Que está a espera de coñecer as intencións e a interpretación que IZAR fai da dita sentenza, referíndonos a cando se paga e a quen afecta. 

2.- Independentemente da sentenza, CCOO entende que o efecto da mesma afecta a todo o colectivo de prexubilados, e así o está esixindo nas reunións que se están mantendo coa empresa. 

3.- Unha vez coñecidas as intencións da empresa, CCOO realizará as reunións oportunas con todos os seus afiliados e afiliadas, empezando polos do ano 99, para levar a cabo as accións xurídicas necesarias.

Sociedade