Os ratos “trinkan “ a biblioteca de Ferrol

Os ratos “trinkan “ a biblioteca de Ferrol

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os nenos e nenas de Ferrol teñen mañá mércores, a partires das seis da tarde, unha nova cita na Biblioteca Municipal coa compañía Trinke Trinke. Os raparigos/as adentraranse no apaixoante mundo da literatura infantil a través da sesión “Os ratos de biblioteca e a noite”.

Segundo a concelleira de Cultura e Educación, Mercedes Carbajales, actividade arrinca ás seis do serán, cunha duración aproximada de 45 minutos. Ademais destacou que esta proposta, que se desenvolve na Sala Infantil da Biblioteca, ten como finalidade “inculcar o amor polos libros dende a máis tenra infancia” e fomentar o hábito da lectura a idades temperás, a creatividade e o maxín.

Sociedade