Os recortes das pensións son inxustificabeis, segundo Jorquera

Os recortes das pensións son inxustificabeis, segundo Jorquera

23 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, culpou aos poderes financeiros da crise económica e chamou aos galegos a participar na folga xeral --convocada pola CIG para o vindeiro xoves 27 de xaneiro-- para defender o sistema público de pensións. Así o manifestou durante un acto en Fene (A Coruña), onde participou nunha repartición de material informativo para a folga xeral no Mercado de Perlío. "Non hai datos obxectivos que indiquen que est&

   Neste escenario, afirmou que "non existe ningunha razón" que avale a tese de que as pensións "estean en perigo", e acusou aos poderes financeiros de "ser os únicos culpables" da recesión "co amparo dos gobernos".

   Ante isto, o nacionalista asegurou que "só a mobilización social" pode garantir o mantemento do sistema público de pensións. Ao seu xuízo, "está ameazado polo Goberno do Estado", que conta "coa complicidade do Partido Popular" que pretenden realizar unha contrarreforma que "só busca favorecer os plans de pensións privados".

   Así mesmo, Francisco Jorquera incidiu en que "o sistema non corre perigo", senón a posta en marcha de políticas de dereitas ditadas polos poderes financeiros, en concreto "pola banca".

Prexudica aos mozos

   Segundo o portavoz da formación nacionalista no Congreso, alargar a idade de xubilación "impedirá que moitos mozos se poidan incorporar ao mercado laboral, ao dificultar a reposición deses postos de traballo".

   Ademais, subliñou que cos recortes previstos Galicia "sairá prexudicada" e lembrou que na actualidade as pensións galegas "xa son as máis baixas do Estado español".

Sociedade