Os Satélites nas festas de Boebre

Os Satélites nas festas de Boebre
01 de Abril, 2024 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

Os Satélites arrufarán a verbena nas festas de Boebre este venres cinco de abril. As actividades comezarán as oito da tarde con racións de polbo a quince euros. O DJ Impacto Bermudez anima a xolda coa súa discoteca móbil antes de dar paso aos Satélites.

Fotografia Xan Xe

O sábado seis de abril o Dúo De Vicio tocará nas pezas do mediodía e acompañará á orquestra Miramar na verbena nocturna. O domingo sesión vermú co Dúo De Luxe. Todo en recinto cuberto con carpa. Organiza a Asociación Veciñal de Boebre.A vindeira fin de semana, festas na honra da Virxe do Ramo en Boebre, Pontedeume. 

 

 

Imaxe Festas de Perlío. Maio 2023.

Fotografía Xanxe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora