Os seguros na actividade agraria e gandeira

Os seguros na actividade agraria e gandeira

23 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Empresas especializadas en seguros agrarios, produtores e representantes da administración central participan na Xornada sobre Seguros Agrarios. Desenvolveráse en Vilalba (Lugo) coa organización do Sindicato Labrego Galego.

Dende as 11:00hrs. até as 14:00hrs. de mañá, mércores 24, o Sindicato Labrego Galego realizará no Hotel Terra Chá de Vilalba (Lugo) unha xornada informativa sobre os seguros agrarios no sector gandeiro.
Enfocada ao sector  no seu conxunto, prevese a asistencia de máis de sesenta persoas, xa que os temas a tratar son de interese tanto para colectivos como para cooperativas, asociacións de produtores/as de gandaría, ADS´s e tamén a nivel particular a gandeiros e gandeiras  de leite e de carne. En relación aos relatores, participarán axentes activos no seguro agrario dende distintos eidos, tanto da Administración central, coma do sector produtor e das empresas xestoras de seguros. Mariano Pazos, Secretario  de Formación e Servizos do SLG, será o encarregado de encetar a  xornada.

Sociedade