Os sindicatos protestarán o 1 de maio contra un Goberno “esgotado” e “amortizado”

Os sindicatos protestarán o 1 de maio contra un Goberno “esgotado” e “amortizado”

30 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Cómpre un relevo na Moncloa. Malia celebraren un ano máis por separado a xornada do Día do Traballo, tanto os sindicatos UGT e CCOO por unha banda, como a CIG pola outra, coinciden na necesidade de que outra administración colla o relevo logo de que nas últimas horas o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, concedese que van continuar os recortes e o paro seguirá a medrar baixo o seu mandato. “É un Goberno deslexitimado que se pasa o Parlamento polo forr

Perante a posibilidade que os últimos datos de paro, con preto de 300.000 afectados en Galicia e seis millóns no Estado, desemboquen na convocatoria dunha nova xornada de folga xeral, as centrais discrepan. Sánchez Aguión explica que para CCOO “a folga hai que manexala con coidado” e que nunha situación de precariedade en moitos fogares “chamar aos traballadores á perda dun día de salario hai que facelo con moita responsabilidade”. Para Seixo, dende o punto de vista da CIG “hai condicións obxectivas para ir a outra folga, pero restan as subxectivas” e teima en que cómpre manter a presión na rúa para que o Goberno “dimita e se vaia”.

Sociedade