Os sindicatos urxen que Telefónica presente o seu plan de recorte laboral

Os sindicatos urxen que Telefónica presente o seu plan de recorte laboral

19 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Comisións Obreiras empraza a Telefónica a realizar as propostas laborais "nos foros adecuados", para evitar interpretacións "susceptibles de terxiversación". É a resposta da organización sindical á declaración de intencións realizada recetemente pola empresa, que pretende reducir un 20% o persoal en España. Segundo a información divulgada pola compañía, esta obtivo en 2010 uns beneficios de 10.167

A pesar dos aparentes bos resultados, Telefónica manifestou a intenciónde recortar un 20% do persoal en España, externalizar actividades e desligar os salarios da inflación. Con todo, a empresa engadiu que tales axustes serán negociados cos sindicatos, actitude que dende  o sindicatos saúdan positivamente e espera que se demostre na práctica.
Canto á postura do Goberno español, CC OO censura que, por un lado, o vicepresidente diga que "non lle gustan" as intencións de Telefónica e que, polo outro, o ministro de Traballo desexe que a empresa e os sindicatos "sexan capaces de chegar a acordos". Para a organización sindical, a actitude do executivo é un caso de "dobre discurso", xa que os expedientes de regulación de emprego (ERE) requiren, precisamente, a aprobación da autoridade laboral, "pero con estas afirmacións parecen querer delegar a súa responsabilidade".
A través dun comunicado, Comisións manifesata que o escenario "non é doado", xa que, por unha banda, a empresa afirma querer dialogar cos sindicatos e, polo outro, desde o Goberno "lavan as mans" e "eliden a súa responsabilidade, trasladándonos o problema aos sindicatos".
Sociedade