Os suecos Siena Root tocan na Super 8 de Ferrol

Os suecos Siena Root tocan na Super 8 de Ferrol

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cunha marcada concepción de jam band, Siena Root, veñen a Galicia a presentar o seu cuarto longa duración, "Different realities" (2009), que segue o ronsel das inmellorables críticas cultivadas polos seus anteriores traballos Far from the sun, Kaleidoscope e A new day dawning. O martes 16 de novembro actuan na Sala Super 8 de Ferrol, ás 22.00 horas .A banda escandinava goza dunha influencia do rock clásico que lembra ás vellas glorias.

Siena Root é unha banda e un proxecto experimental que ten as súas raíces na vella escola do rock. O trío, fundado a finais do noventa en Estocolmo, defende un son clásico pero orixinal, baseado en órganos pesados, inigualables melodías á guitarra, envolventes riffs de baixo,  percusións contundentes e elegantes e a voz blusera e folk flotando sobre todos os matices e reminiscencias da instrumentación.

Desde o rock, a psicodelia e o blues, pasando pola música hindustaní e os ritmos africanos, as raíces deste grupo esténdense e insinúan nun calidoscopio sen fin. Calor, orixinalidade, coidadas texturas, son algunhas das calidades destes suecos, bebedores dunha longa tradición de músicos do seu país e do rock dos 60s e 70s, revisitado nun son que mira cara ao futuro.

Máis de 150 shows ás súas costas, entre os cales se contan varios dos máis importantes festivais do xénero en Europa (Drug-Herzberg, Crossroads, Roadburn, Castell de Guadalest?).

Siena Root compartiu escenario con bandas tan importantes como Manfred Mann's Earth Band, Ten Years alter, Blue Cheer, The Melvins, Karma to Burn ou Colour Haze?, ao que hai que engadir a presenza no prestixioso programa da televisión alemá Rockpalast.
Está será a primeira xira polas nosas terras desta gran banda.Unha viaxe imprevisible ás raíces do rock. A entrada custa 10€.

Sociedade