Os traballadores de Pascual iniciaron o seu peche indefinido criticando o inmobilismo da Xunta

Os traballadores de Pascual iniciaron o seu peche indefinido criticando o inmobilismo da Xunta

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Ás 13.15 da tarde os 15 primeiros traballadores da planta de Pascual en Outeiro de Rei comezaron o seu peche nunha caravana á veira da N-VI ao paso pola fábrica chairega. Tras unha asemblea que comezou contras as 12 da mañá, o comité de empresa de Pascual ratificou a decisión de comezar unha concentración en quendas de 24 horas e 15 traballadores para denunciar a complexa situación na que se atopan os operarios lucenses. O peche, salvo soluci&oa

A Xunta de Galicia foi o branco das queixas dos traballadores pola súa “desidia” e a falta de acción para acadar unha saída á actual situación da planta. Desde o comité tamén criticou a falta de diálogo do executivo galego.

 

 

“A situación é de desidia absoluta por parte da Xunta de Galicia. Non hai ningún movemento pola súa parte, pero non explica o porqué non o hai. Non ten ningún contacto cos traballadores. Durante varios meses estamos a agardar que nos chame algún responsable do PP ou da Xunta para poder recibir información respecto de cal é o momento en que estamos. Pero nin o PP, nin a Xunta de Galicia son capaces de dar a cara diante dos traballadores nin diante da opinión pública. Non hai ningunha matización, ningunha información, non hai nada”, estableceu Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, avogado do comité de empresa e da asemblea dos traballadores de Pascual.

 

O propio Rodríguez Feixóo cualificou a situación dos obreiros como “desesperante”  e reclamou o apoio dos representantes autonómicos ante as posibles ofertas existentes desde o empresariado galego para reflotar esta factoría de Outeiro de Rei.

 

“Esta é unha gran irresponsabilidade por parte da Xunta. Ten que ser moi covarde para non querer entrevistarse cos traballadores e non querer dar a súa opinión sobre as posibilidades que ten a factoría de volver a dar o seu traballo, sobre todo se temos en conta que hai empresarios que teñen a firme intención de arriscar o seu capital para poñer a andar esta factoría e o único que lles falta é o permiso da Xunta de Galicia. Non se entende, desde ningún punto de vista, porque non se lle están pedindo cartos á Xunta, senón que dea o seu permiso para que a planta reinicie o traballo que tiña ata este momento”, considerou Alberte Rodríguez Feixóo.

 

Pola súa banda, Fernando Teijeiro, responsable do sector agrogandeiro da UGT, manifestou o total apoio do seu sindicato para que “os 135 traballadores non perdan o seu emprego”, e subliñou que o “responsable desta situación é principalmente a administración autonómica e a empresa”. Para Teijeiro a tarefa da Xunta “non consiste en gañar eleccións e ir a mitins” senón que os 135 postos de traballo de Pascual “dependen da súa decisión”.

 

O peche é a primeira das medidas de presión dos traballadores, que non descartaron levar a cabo novas accións para presionar á administración para que se chegue a unha solución.

Sociedade