Os traballadores de Pascual poderían acollerse á ampliación do ERE ofrecida pola empresa

Os traballadores de Pascual poderían acollerse á ampliación do ERE ofrecida pola empresa

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A asemblea dos traballadores de Leche Pascual en Outeiro de Rei decidiron acollerse á oferta da empresa láctea de prolongar 4 meses mais o ERE. Nunha reunión cos representantes da empresa, os directivos da firma castelá ofrecéronlles esta nova posibilidade, pero non aclararon algunhas cuestións como a concreción das posibles compensacións pola extinción contractual, a fixación do número de traballadores afectados, nin os posibles p

Sen embargo, este acordo aínda non se plasmou nun documento concreto, co que os 95 traballadores chairegos que aínda non pediron a extinción dos seus contratos seguen en vilo sobre unha a súa situación real dentro deste proceso.

 

 

Na mesma asemblea decidiuse prolongar ata o vindeiro venres, data na que finaliza o presente ERE, a decisión de levantar o peche que se está a levar nunhas caravanas na N-VI ao lado da planta da firma leiteira.

 

Na reunión de onte en Madrid tampouco se informou da situación das posibles ofertas para a compra ou aluguer da planta, polo que se obviou a posible permanencia, nin as súas condicións dos traballadores, ante unha hipotética continuidade da fábrica baixo outra empresa.

 

“Os traballadores queren garantías de que, nunha posible venda da planta, se lles manteñan as mesmas condicións laborais e a mesma valoración que tiñan ata o de agora”, estableceu Christian López Carmona, representate da CIG.

 

Na asemblea, algúns dos afectados pretendían introducir unha cláusula para que haxa unha opción de decidir se, no momento do cambio de titularidade da planta e quedan cos novos donos ou ben se optan pola indemnización. A prolongación do ERE suporía que desde o momento no que se aprobase os traballadores poderían comezar a facer uso do paro que lles corresponde, que nestes catro meses anteriores non se lles computou. O tempo que tarde a tramitarse desta posible ampliación do ERE, os empregados terán un permiso retribuído e despois voltarán ao paro.

 

Desde a CIG se pensa que o que se pretende con estas medidas é “dilatar o proceso”, porque a presión dos traballadores fixo “cambiar o rumbo dos acontecementos”, sobre todo tras “o xiro inesperado do cambio de opinión da Xunta con respecto á oferta das cooperativas, co cal, agora, a pelota está no tellado da empresa”. Para López Carmona, o que se pretende con esta nova situación é “que o proceso continúe e os traballadores relaxe na súa presión”, aínda que tamén anunciou que “seguirán coa loita” e que estarán “Moi atentos ao rumbo destas maniobras”.

 

O representante sindical tamén reiterou quer a intención dos empregados que aínda restan en Pascual e “que a factoría siga aberta para que poida xurdir unha oferta de compra”

 

Volta ao traballo

 

Por outro lado, segundo anunciou o representante do comité de empresa, Alberto Rodríguez Feijóo, os traballadores de Pascual en Outeiro de Rei voltarán ao traballo o vindeiro día 5, salvo que a empresa comunique o contrario, toda vez que remate o Expediente de Regulación de Emprego, programado para o día 4.

Sociedade