Os tres pés da festa do Cabalo de Magalofes

Os tres pés da festa do Cabalo de Magalofes

22 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Festa do Cabalo en Magalofes celébrase nunha única xornada, a do domingo 28 cun programa que sigue a liña habitual cos concursos de beleza e estampa en cabalos e eguas e coa proba de arrastre, que ocuparán a mañá no campo das Queiras de Magalofes. Este ano asistiremos pola tarde a un espectáculo ecuestre, “Soñando a cabalo” máis completo que o do ano pasado, segundo o directivo veciñal de Magalofes, Manuel Pico.

A tarde complétase cos Andadura galega e a proba de trotóns. Aos concursos de enganches de duas e catro rodas seguiránlles as agardadas carreiras de cabalos cruzados e do país, que pecharán esta edición do 2011. As últimas son as probas máis espectaculares, segundo o presidente veciñal, José Lúis Pena.

Postos de churrasco e de todo tipo de productos relacionados co cabalo instalaranse no campo das Queiras onde se celebra a festa. Un cento de casas comerciais prestan apoio para o reparto de premios por un importe total cercano aos 6.000 €. Como dí Manuel Pico, a festa do Cabalo ten tres pés fundamentais, os veciños que prestan os campos para o seu desenvovlemento; os comerciantes que sufragan os premios e a AVV que xunto ás institucións como a Xunta , Deputación e Concello colaboran dende a primeira edición.

A XXI Festa do Cabalo de Magalofes conta cun amplo espacio de aparcamento de veículos para facilitar o acceso ao campo das Queiras. A Policia Local e Protección Civil axudan a que todo discurra con axilidade. 

Sociedade