Os tribunais de Madrid sentenzan sobre a utilidade do galego

Os tribunais de Madrid sentenzan sobre a utilidade do galego

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Dúas sentenzas de moi distinto signo marcan a distancia que falta para a normal asunción da lingua do país. Así, por unha banda o Tribunal Supremo vén de fallar contra a demanda dun pai de Vigo que solicitaba que o seu fillo recibise todas as clases en castelán e ningunha en galego, establecendo que a liberdade de ensino non autoriza aos pais a deseñar o currículo educativo dos fillos á súa comenencia. Mais un xulgado de Alcorcón a

“Trátase dun auto surrealista no que se establece un delicto que é ter un idioma diferente do español”, láise o deputado nacionalista quen teme o precedente que supón a decisión do xulgado madrileño. Lobeira, que recolleu a petición de axuda da familia da nai e presentará unha proposición non de lei no Parlamento para que se atenda o caso, lembra que o xuíz só establece dúas saídas ao pleito: ou a nai volve a Madrid ou lle entrega a custodia ao pai. O texto do maxistrado considera que “o desenvolvemento futuro das nenas sufriría por mor dun sinstema educativo, o galego, cunha lingua sen utilidade fóra de Galicia”.

Ben diferente é a decisión do Tribunal Supremo na que se desbota a demanda dun pai vigués que reclamaba “liberdade para que o seu fillo só estudase en español”. Bieito Lobeira agarda que a decisión do Alto Tribunal estableza xurisprudencia arredor do feito de que “prevalece o dereito de arpender o galego sobre o dereitos dos pais a que os seus fillos sexan ignorantes nunha lingua”. Para o BNG, a sentenza compromete os plans da Consellaría de Educación para derrogar o actual decreto do galego no ensino xa que “demostra que o actual non impoñía, senón que garantía o dereito a coñecer a lingua”.

Institucional