ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Arcebispado de Santiago deu unha resposta inicialmente positiva á cesión do usufructo da casa reitoral de Perlío para a súa utilización complementaria polo centro ocupacional da Asociación de Pais e Nais de nenos con problemas psicosociais. Aspaneps debe presentar agora unha memoria de usos e unha memoria técnica das obras que se deberían acometer na edificación.
A entidade pretende acondicionar o edificio como vivenda para que o alumnado do centro ocupacional teña un lugar onde aprender a vivir con autonomía. O que se chaman vivendas tuteladas.
A rehabilitación da casa reitoral incluiría posiblemente a reposición do tellado, do piso e a modernización do seu interior. A Reitoral de Perlío leva vintecinco anos pechada e desta maneira tería un uso social.