Os veciños de Ferrol Vello amosan o seu descontento coa Festa da Cervexa

Os veciños de Ferrol Vello amosan o seu descontento coa Festa da Cervexa

21 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A AVV Ferrol Vello Nº Sra del Socorro quere denunciar publicamente o que cualifican de pouco respeto e irresponsabilidade da concellería de festas e da concellería de patrimonio á hora de ceder durante 10 días, a Alameda do Carbón para levar a cabo unha Festa da Cervexa. Dende a asociación veciñal, sinalan que é un espazo público recientemente urbanizado á vez que humanizado.

Agora coa cesión temporal da alameda a un hostaleiro por un interese meramente lucrativo , temen que a celebración desta festa se convirta nun macro-botellón de libro Guinness, pois se prolongará durante os 10 días que duren as festas de verán de Ferrol.

A Asociación de Veciños de Ferrol Vello critican ao goberno local por dar un dictame favorable coa cesión deste espazo público co conseguinte risco para toda a zona verde. Para os veciños do barrio resúltalles provocador e ofensivo que a propia concellería de festas intente comparar unhas atraccións de feira cunha cesión irregular(non aparece na programación de festas) dun espazo público cun fin meramente lucrativo.

Sociedade