Os vestiarios dos Pinares e o remozamento do pavillón do Ramo faranse coa achega da Deputación da Coruña

Os vestiarios dos Pinares e o remozamento do pavillón do Ramo faranse coa achega da Deputación da Coruña

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Fene, Iván Puentes Rivera, asinaron esta mañá, na sede da institución provincial, dous convenios para o financiamento das obras de construción de vestiarios no campo de fútbol de “Os Pinares”, en Perlío, en virtude do cal a Deputación destinará un orzamento de 190.891, 42 euros; e para  a reposición do pavimento do p

En ambas as dúas obras a achega da Deputación supón o 100% do importe total dos proxectos. O proxecto do campo dos Pinares consiste na construción dun edificio anexo ao campo de fútbol destinado a vestiarios. Éstas instalacións reunirán os requisitos de salubridade, accesibilidade, funcionalidade e aforro enerxético esixidos para este uso.
 
A demanda de auga quente cubrirase en parte mediante a incorporación dun sistema de captación, almacenamento e utilización de enerxía solar.
O edificio está deseñado para optimizar o aproveitamento da luz natural e dotarase dun sistema de iluminación artificial que permita axustar o encendido á ocupación real da zona, todo isto orientado á procura dun importante aforro enerxético nas instalacións.

A Deputación da Coruña financiará tamén, cunha achega de 109.108,58 euros, a sustitución da estructura e a cuberta da pista polideportiva do pavillón municipal de O Ramo, en Barallobre, por un novo firme de formigón que contará na súa parte inferior cunha lámina de PVC que impedirá o filtrado da humidade e na parte superior con pavimento de goma, adecuado aos usos deportivos desta infraestrutura.

Sociedade