Os xíbaros baixo a ollada dos “apash” galegos

Os xíbaros baixo a ollada dos “apash” galegos

26 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Unha viaxe na procura do “rei dos xíbaros”, o galego de Avión Alfonso Graña, levou na primavera deste ano á realizadora viguesa Cora Peña xunto ao tamén galego e aventureiro Antonio Abreu á Amazonía peruana. A idea inicial era contar a historia deste emigrante galego que a principios do século XX se fixo co liderado dos pobos indíxenas da conca do río Marañ&oac

Apash na lingua indíxena significa, precisamente, “os que veñen de fóra” e que non adoitan ser moi ben recibidos polos poboadores da selva. O motivo, as ameazas que para estas comunidades supoñen “as novas formas de colonialismo” que están a destruír o seu sistema de vida baseado na comuñón coa natureza. Os indíxenas están a sufrir unha contaminación bestial e morren envelenados polo chumbo das minas.

Ante esta situación, Cora Peña sentiu a necesidade de darlles voz, xa que o Goberno peruano censura calquera información ou medio do país que se faga eco das demandas dos xíbaros. Non obstante, a directora galega tamén convida á reflexión aos que vexan a cinta, xa que asegura que “todos somos culpables desta situación”.

Nos vindeiros meses Peña agarda mover por diferentes festivais Apash, os de fóra e tamén está prevista a súa exhibición na TVG.

Cultura