Os xubilados galegos seguen a ter a pensión máis baixa de todo o Estado

Os xubilados galegos seguen a ter a pensión máis baixa de todo o Estado

25 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Galicia suma en agosto 440.486 xubilados cunha pensión media de 702,32 euros, o subsidio máis baixo do Estado, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). A prestación para os galegos é 153,99 euros inferior á media estatal, lonxe dos 1.072,01 euros dos vascos, os 1.060,14 dos asturianos e os 1.029,35 que perciben os madrileño

A Coruña concentra o maior número de xubilados, con 162.995 persoas rexistradas; seguida de Pontevedra, con 128.909 pensionistas; Lugo, con 78.616 persoas que cobran este subsidio; e Lugo, que pecha cun total de 69.966 persoas que cobran esta prestación.

En canto ao subsidio, Pontevedra está por riba das demais provincias, con 749,19 euros de media. A continuación, atópase A Coruña con 746,57 e Lugo, con 622,04 euros; mentres que Ourense pecha a táboa cun subsidio medio de 603,06 euros.

O número de pensións totais que se abonan en xullo en Galicia (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e en favor de familiares) ascende a 715.772, o que representa un 0,9 por cento máis respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Ademais, segundo os datos do Ministerio de Traballo, a media desas pensións é de 631,27 euros, o que supón un crecemento do 4,8 por cento en relación a agosto de 2008.

Pola súa parte, no conxunto do Estado, a pensión media de xubilación alcanzou en agosto os 856,31 euros mensuais, o que supón un 4,9% máis respecto ao mesmo mes de 2008; mentres que a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión, colocouse en 755,86 euros ao mes, o que supón un aumento interanual do 4,8%.

Sociedade