Outras maneiras de facer política local

Outras maneiras de facer política local

12 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Alcaldes de Pontevedra, Fernández Lores e de Allariz, Francisco García, participan mañán en Ferrol nunha mesa redonda sobre políticas municipais. Os dous edís nacionalistas estarán acompañados do alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e do candidato do BNG á alcaldía de  Ferrol, Iván Rivas. O acto comezará o martes 13 ás 19,30 na Galería Salgadelos.

Este acto é una oportunidade para achegarmonos á realidade local e ás iniciativas que o nacionalismo galego está a desenvolver naqueles concellos onde goberna como poden ser San Sadurniño, Allariz e Pontevedra entre outros. Defende o BNG que neles se están a desenvolver políticas baseadas na defensa dos servizos públicos, con medidas que promoven un modelo de xestión transparente, pulando pola participación cidadá e co criterio de manter unha actitude insubmisa ante o “dogma” do déficit que impón o PP.

Na mesa redonda abordaranse aspectos como a recuperación urbanística o, desenvolvemento do tecido económico local, con especial fincapé no comercio de proximidade ou a rede de transporte público, en definitiva, una achega  ao modelo de xestión nacionalista, pensado por e para mellorar a calidade de vida dos vecinos e veciñas das nosa vilas.

Sociedade