Ovnis en Neda

Ovnis en Neda

26 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ovnis, as psicofonías ou a vida despois da morte, son os temas que se abordarán no concello de Neda nas próximas semanas. O ufólogo, Araoz Alvarez, é o convidado na Casa das palmeiras dende mañán. 

Un ciclo de conferencias sobre temas paranormais acolle a casa das Palmeiras de Neda dende mañán e durante o mes de novembro.  “Ovnis, antes, agora e no futuro” é o primeiro tema a abordar polo ufólogo e  profesor Juan Daniel Araoz Álvarez. As charlas continuarán o mércores 10 de novembro con “Hai vida despois da morte”. A seguinte, o 24 de novembro, tratará sobre “Psiocofonías: mensaxes do máis alá” . Para poñerse a tremer. Ciclo de conferencias paranormais en Neda. Celebraranse na Casa das Palmeiras ás 8 da tarde.

Sociedade