Pachi Vázquez: “O que eu faga é irrelevante”

Pachi Vázquez: “O que eu faga é irrelevante”

29 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, erixiu a Galicia en "clave" para que se levase adiante a elección do líder no PSOE mediante un proceso de primarias, pero evitou concretar se el mesmo optará á reelección á fronte dos socialistas galegos. Así, supeditou o seu futuro a "traballar para cambiar este país, como miles de galegos do Partido Socialista". "O que eu faga é irrelevante", afirmou Pachi V&

Vázquez explicou que "cando hai primarias en Estados Unidos non hai lea, hai debate", un exemplo que tamén aplicou a Francia e Italia. "Todo o que estamos a facer ten un obxectivo, apegarnos á xente e conseguir a súa complicidade", precisou o secretario xeral dos socialistas galegos, que agradeceu a Ferraz a decisión tomada ao respecto. Ao mesmo tempo, evitou postularse para a reelección no cargo até que o teña claro.

Tamén o exministro e secretario provincial do PSdeG en A Coruña, Francisco Caamaño, mantén a incógnita de se se presentará ás primarias dos socialistas galegos e supedita a decisión ao resultado do comité federal, que se celebra o próximo mes xullo. Caamaño asegurou que o seu futuro no partido "é seguir traballando por Galicia". Sobre o aprazamento da consulta aos militantes en Galicia, Caamaño xustificou a importancia de "defender as primarias, pero facer un exercicio de responsabilidade era o máis prudente". Tamén dixo que o novo modelo supón un cambio de cultura que cómpre sopesar.

O secretario de organización do PSdeG, Pablo García, destacou que o partido "entendeu perfectamente que había que facer un esforzo de adaptarse a ese novo calendario e así o referendo" o Comité Nacional, ao aprobar, co voto dun 62 por cento dos seus membros, o aprazamento da renovación da dirección ao 7 de setembro.  "A valoración non pode ser máis que positiva”, resolveu, explicando que a cambio poderase escoller ao novo líder por escolla directa da militancia.

Sociedade