Padece trastorno bipolar

Padece trastorno bipolar
15 de Outubro, 2021 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Antonio Tizón interpreta o papel de Gustavo Gallego, o seu alter ego en todas as obras desta serie, un xornalista, escritor e profesor que padece un trastorno bipolar, unha enfermidade mental grave e crónica que, xunto a outras semellantes, aparecen esmiuzadas nesta pentaloxía en clave de xénero negro e mediante xogos metaliterarios nos que sempre se confunde a realidade coa ficción. En Os incurábeis, Gustavo, un veciño histórico dos Castros que coñece ben a xente da súa barriada, intercambia impresións co inspector sobre os sospeitosos do crime de Paloma, a quen define como homes violentos, fascistas e machistas, todos perigosos e moi capaces de matar.

ESCOITA O PODCAST:
Retrato realizado por Mari Quinteiro

Responden as sospeitas de Gustavo Gallego á realidade ou son froito da súa imaxinación, pura literatura? 

Cultura

Publica o teu comentario agora