Paixón pola creación

Paixón pola creación

06 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Autocrítica, autoesixencia e confianza nun mesmo. Iso é o que debe practicar un creador, segundo o artista Suso Basterrechea. El quere transmitir a paixón, o compromiso e o entusiasmo por unha actividade dura. Os seus debuxos reflexan unha maneira de entender e comprender a vida e o mundo.

Os debuxos de Suso -a exposición chámase O torto é o rei- son algo vivo, son áxiles e rápidos de execución, a pintura cae coma se estivese viva, afirma Juana Prieto Luna. A súa obra contén a cariñosa caricia que o autor deposita en cada unha das súas obras. A exposición de debuxos de Suso Basterrechea pódese visitar en El Ciber de Mao (Rúa do Concello. Fene. A Coruña) ao longo do mes de maio.

Sociedade