Paloma Jaén retorna a Fene como pintora

Paloma Jaén retorna a Fene como pintora

05 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ciber de Mao inaugura esta tarde unha exposición de pintura naif da artista madrileña, afincada en Ferrol, Paloma Jaén. A artista participou a finais dos anos 80 nos puxantes talleres ocupacionais de Fene, en particular no de cerámica, durante os dous anos de formación. Despois utilizou o forno do taller uns anos máis grazas, segundo declarou, a Pancho Allegue.

En 2004 deixa a cerámica para volver á pintura, como actividade única. Imaxes de Galiza e paisaxes fantásticas escolleu Paloma Jaén para traer a Fene este verán. A mostra permanecerá exposta nesta sala da avenida do concello de Fene, durante os meses de xullo e Agosto.

Sociedade