ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O abuso das pantallas ten consecuencias para todos nós, máis aínda cando se trata de xente nova que aínda está en proceso de maduración, porque afectan ao seu desenvolvemento cognitivo, advertiu en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz.
“Atención, memoria, socialización”. Son moitos os efectos que poden ter na rapazada o uso das pantallas. “O impacto do uso precoz de pantallas no desenvolvemento do cerebro”. Este é o tema que se vai abordar pola tarde no ciclo Acompañar no Reto de Educar, na Casa da Cultura de Fene, nunha sesión que estará a cargo de Anabel Mosquera, que é experta en adicións e temas tecnolóxicos. Se os problemas de atención ou de retentiva son preocupantes, non menos o é a maneira de relacionarse con outras persoas. Porque o trato con amizades virtuais non serve para aprender habilidades sociais. Desenvolver intereses distintos para o tempo de ocio da rapazada é fundamental. O programa Acompañar no Reto de Educar está dirixido a familias de Fene, Neda e Mugardos. As sesións teñen lugar ás seis da tarde, na Casa da Cultura. Cunha duración prevista de dúas horas. Ofrécese un servizo de conciliación para as familias que o precisen.
Publica o teu comentario agora