ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aprofundar na estética de Astor Piazzolla. Con ese obxectivo naceu no ano 2008, Tiempo cuatro, un grupo de catro músicos de sólida formación académica e experiencia artística. O Novo Tango da década dos 70 mistúrase con melodias románticas e con efectos sonoros característicos do jazz.
Suso Iglesias (acordeón) Javier Cedrón (violín) Andrés Pazos (piano) e Antonio Romero (contrabaixo) forman o grupo caracterizado pola fusión de estilos. As estruturas de formas clásicas como os preludios, as fugas e as suites evolucionan a través de constrastes rítmicos, improvisacións e construcións harmónicas complexas. Suso Iglesias colabora con Nova Galega de Danza, e tamén é profesor numerario de acordeón no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, onde tamén imparte clases de piano dende 1997, Andrés Pazos.
O próximo concerto de Tiempo Cuatro ofreceráse en Caixa Galicia de Pontevedra o 29 de decembro. O grupo participará nunha homenaxe ao pintor e músico Rafael Úbeda.