Para el mal, no hay más perdón que no hacerlo

Para el mal, no hay más perdón que no hacerlo

10 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Maleta, situada no Camiño da Brea en Barallobre, (Fene A Coruña) corresponde a un orixinal deseño realizado integramente por Antonio Fernández Fernández, coñecido como o “Adriano”, polo nome do seu pai. Un home na súa cúpula sostén un facho de luz e unha maleta. Mira ao horizonte, como símbolo e homenaxe ao emigrante que se ve forzado a abandonar a súa patria. As inscripcións en placas situadas no inter

A Casa da Maleta construiuse entre 1921 e 1925. O edificio consta de dúas plantas, sobre as que se dispuxo unha ampla terraza. Á súa vez, sobre ésta, érguese un miradoiro sobre columnas que remata nunha cúpula nervada, i9deada para colocar no seu cumio a estatua do emigrante. Accédese á estancia principal do edificio, desde a estrada da Brea. Esta planta distribuese en 5 ocos, ademáis dos aseos e un miradoiro exterior. As habitacións centrais están dotadas de senllos balcóns con columnas. Na ornamentación interior chaman a atención tres elementos: as series de azulexos con motivos variados, as vidreiras compostas de cristais coloreados e as cornixas formadas por molduras con decoración vexetal e rostros humans. No fondo da planta chegamos a unha orixinal sala con cinco placas de mármore gravadas con senllas reflexións filosóficas asinadas polo promotor do edificio. A vivenda remátase cunha terraza e cunha cúpula coa estatua do emigrante. Sostén un gabán baixo o brazo esquerdo e un facho na mán dereita, que emitía destellos na noite, e que foi cegado por un raio. Desde o alto do miradoiro contémplase unha vista espectacular, que abrangue á ria de Ferrol e chega até A Coruña ou Valdoviño.

Sociedade