Para promocionar a lectura

Para promocionar a lectura
10 de Xuño, 2019 - 12:13 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía de festa. Unha viaxe ao Seixo do século dezanove”. Os autores da publicación Carlos Sardiña e Anxos García Fonte presentáronna na biblioteca do Colexio A Xunqueira de San Valentín. O libro non é comic, nin novela gráfica, nin libro ilustrado, nin banda deseñada. É unha narración ilustrada, unha forma de reflexar un relato de forma rápida,de fácil acceso para promocionar a lectura, segundo o debuxante Carlos Sardiña. Duas rapazas conversan e pasean polo Seixo e imaxinan como sería a festa no momento da vida de Rosalía, precisa a autora do texto Anxos García Fonte.

ESCOITA O PODCAST:
Carlos Sardiña, Anxos García Fonte e Henrique Sanfiz

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885) incluiu na segunda edición do libro Cantares Gallegos, o poema que comeza: “Se a vernos Marica, nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar, ti rirás Marica, cal nunca te riches, debaixo dos pinos do verde pinar”. Os autores defenden que Rosalía visitou O Seixo (Mugardos) convidados polos donos da fábrica de tecidos que daquela funcionaba no lugar do Xuncedo.

Cultura

Publica o teu comentario agora