ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dous xogos de mesa, o Dixit “moi esperado” e Barrio “moi accesible, para xogar en familia” dúas novidades que nos presenta esta semana Juanma Sánchez, xerente de Cáprica. Para persoas amantes dos mangas, que poidan gardalos e non se lles estraguen propón como agasallo un portamangas.
“Un agasallo moi útil”. O portamangas é unha funda na que gardar os mangas, describe Juanma. “Moi portable, para levar no bus, no tren…son moi chulos e a moi bo prezo, un agasallo que queda moi ben”.
O Dixit é un xogo de cartas baseado nas personaxes de Disney. Gañou varios premios “é un referente na temática creativa dos xogos de mesa”. A primeira edición agotouse rapidísimo e agora saíu esta nova edición especial. Indicado para maiores de 8 anos. Igual que Barrio, un xogo de cartas de estratexia e bastante interacción entre os xogadores. Para os que buscan partidas rápidas e dinámicas.
Este sábado en Cáprica teñen previsto un partido de rol coa colaboración da Asociación da Mesa Cadrada de Ferrol.
Publica o teu comentario agora