Parróquias e lugares

Parróquias e lugares
16 de Xaneiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A sinalización de Fene realizouse hai vinte anos.Ainda hoxe chaman a atención das persoas foráneas pola existencia de sinais cos microtopónimos.  En 2002 instaláronse un total de catrocentos novos indicadores, nos que se investiron 108.000 euros, uns 18 millóns de pesetas. As sinais indican aínda hoxe, dúas décadas despois, os lugares e as delimitacións de lugares e parroquias.

Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

Eran catro tipos de indicadores, cos lugares, cos límites das parroquias, coas entradas e saídas do término municipal e os indicadores propios de cada parroquia. Tamén outras sinais incluían mapas de cada parroquia, cos centros de interese e servizo da zona. As novas sinais non afectaron daquela aos indicadores das rúas. O concelleiro encargado de Servizos e Mantemento era daquela Manuel Pico quen programou a instalación dos indicadores conxuntamente co edil Andrés González Vizoso, sendo alcalde Xosé María Rivera Arnoso.
 

Institucional

Publica o teu comentario agora