Pase perfecto, potencia xusta e dirección exacta

Pase perfecto, potencia xusta e dirección exacta
08 de Abril, 2019 - 11:36 h. | Publicada por Radio Fene

Isma Grandal mandou un balón en longo xa no minuto 90. Recolleu Rubén Varela e o meteu para dentro. Ese tanto deulle a vitoria ao Perlío (1-2) na súa visita a San Sadurniño. Os tres puntos permítenlle continuar na primeira posición da Segunda Galicia de fútbol.

ESCOITA O PODCAST:
O Perlío na exposicións "Valor e mestría. Galicia como fútbol" na cidade da cultura de Galicia

"Na primeira metade o San Sadurniño foi superior pero chegamos ao descanso co empate a ceros, e despois optamos por un xogo máis directo, con balóns en longo para intentar crear segundas xogadas e un certo rebumbio na área" afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. Quedan tres xornadas para o remate da Liga. O Perlío recibe a vindeira fin de semana ao Numancia de Ares. Logo haberá o descanso da Semana Santa, e o equipo verde visitará ao segundo clasificado, o Valdoviño. O 5 de xuño rematará a competición, co Perlío - Galicia de Mugardos B.

Deportes

Publica o teu comentario agora