Pasou o Bertamiráns

Pasou o Bertamiráns

31 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Bertamiráns eliminou ao Perlío na fase previa da Copa Deputación da Coruña ao vencer aos penaltis en partido xogado esta tarde no campo dos Pinares. As dianteiras dos dous equipos non estiveron finas e o tempo regulamentado finalizou con empate a cero tantos. Á hora de lanzar as penas máximas a sorte foi para os de Ames e despois de empatar nas 5 primeiras, aproveitáronse do fallo do equipo local para levarse o gato ao auga.

Segundo o adestrador do Perlío Gonzalo Beceiro, o partido foi moi disputado.Os visitantes levaron o peso do encontro e a posesión da pelota, amosando unha maior preparación física nestes inicios da campaña. Pero o Perlío deu a talla e enfrontouse con dignidade diante dun equipo da Preferente Autonómica. Pasará o Bertamiráns á seguinte fase da Copa Deputación, unha competición que finalizou xa para o conxunto dos Pinares.

O Perlío alineou a Oscar,, Aitor, Santi, Durán, Kike, Bonilla, Isma, Nacho, Alex Menendez, Ramón e Alex Pita. Tamén sairon Miguel, Rober, Iván e Varo.

Deportes