Pasoulle a Marcos, unha reflexión da conducción irresponsable da xuventude

Pasoulle a Marcos, unha reflexión da conducción irresponsable da xuventude

14 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañia de teatro de A Coruña O Ruiseñor representará mañá xoves ás once da mañá, no Pazo da Cultura de Narón a súa obra de teatro Pasoulle a Marcos. Trátase dunha obra, dirixida por Susana Crespo, na que se lle amosa á xuventude s consecuencias de conducir baixo os efectos do alcol.

 "Pasoulle a Marcos “  xurde dunha refllexión sobre as estatísticas de accidentes de tráfico entre os xóvenes. Todas as fins de semana publícanse dados sobre o número de  mortos nas estradas, pero non se dá a coñecer o número de vítimas que non morren e quedan con secuelas físicas e psíquicas. Ademais de concienciar sobre a idea que o alcol e os estupefacientes non son compatibles coa conduccións, se fai ver que hai que dicir non a acompañar aos que circulan nesas condicións.

Nesta obra de teatro reprodúcense unha situación real que ocorre calquera fin de semana. Os mozos e mozas reúnense, charlan, beben…alongando as noites, ás veces en condicións non idóneas. Tamén se recrea a actuación dos grupos de emerxencia.

Destaca a participación de Marcos, un xoven que por mor dun atropelo dunha persoa bebeda vive nunha cadeira de rodas.

Noutra parte da obra, ensinásellles o que sufren as familias e os amigos cando teñen un accidente. Coa colaboración da Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC de A Coruña, reprodúcese o momento de informar ás familias dos sinistros.

A cita con “Pasoulle a Marcos” mañán xoves ás once da mañá no Pazo da Cultura de Narón.

Cultura