Patacas por un tubo no Concurso de Fene

Patacas por un tubo no Concurso de Fene

08 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica de Fene presentaron este mediodía o II Concurso Gastronómico da Pataca, incluído na I Mostra Turística Ven a Fene. Gumersindo Galego fixo un balance moi positivo dos actos da Mostra desenvolvidos ata o momento e cuxa clausura terá lugar na praza do Concello o domingo 26 de octubro coa entrega dos premios do II Concurso Gastronómico da Pataca. Este sabado día 11 queda aínda a ruta dos M

Será 14 os establecementos participantes, algún por primeira vez como é o caso de O Camarote e O encontro de Leo na parroquia de Fene ou Bar os remos de San Valentín. Participan tamén os ambigús do CPS e da AVV de Magalofes. Completan a lista o Teima, Lembranza e tarnas en Fene. O bar A Parada de Maniños; Chamalle X Fussión e Óxido en Perlío E Diosiño e Vitis en San Valentín.

Nesta ocasión completar a Fenerrutada opción a participar no sorteo dunha fín de semana para tres persoas no Parque Warner e Madrid ou dous vales de compra por valor de 40€ obsequio da asociación de comerciantes O Cruceiro. Son tres fins de semana de tapeo por Fene.

Sociedade