Patrick Wolf pon a alfombra para Franz Ferdinand no Paredes de Coura 2009

Patrick Wolf pon a alfombra para Franz Ferdinand no Paredes de Coura 2009

29 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O polifacético cantautor británico Patrick Wolf, algo así como un trasunto do Bowie dos 70 cun gusto polo barroquismo aínda máis esaxerado, é o prato principal da primeira xornada do Festival Paredes de Coura, que bota a andar esta noite na localidade do norte de Portugal, ben preto de Galicia. Con todo, o prato forte do evento será a actuación dos escoceses Franz Ferdinand, que presentarán mañá o seu último álbum &ld

A que é unha das citas de referencia para os amantes da música “indie” dun e doutro lado da raia principia ás sete desta tarde na praia fluvial do Tabuao. O abono para os catro días de música en directo pódese adquirir ao prezo de 73 euros. A entrada tan só para esta xornada inaugural despáchase por 28 euros, mentres que o pase individual para cada unha das xornadas restantes fixouse en 43 euros.

Ademais dos grupos principais, a oferta complétase con outros nomes célebres do panorama alternativo, entre os que sobrancean Jarvis Cocker, ex líder de Pulp; Supergrass, un dos supervivintes máis en forma do fenómeno brit-pop; Peaches, coa súa electrónica perturbadora; The Horrors, combo rockeiro autor dun dos álbumes máis celebrados da tempada; e, directamente dende os Estados Unidos, The Pains of Beign Pure at Heart, un dos debús do ano, que co seu pop naïf saturado de distorsión estanse a convertir nun dos favoritos de público e crítica especializada.

Cultura