Paula Fernández, alcaldesa de Silleda: “A gobernabilidade do Concello está garantida”

Paula Fernández, alcaldesa de Silleda: “A gobernabilidade do Concello está garantida”

24 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Que a presenten xa ou que dimitan por mentirlle ao pobo de Silleda e facer un atentado contra a democracia” é a petición da rexedora Paula Fernández Pena para os promotores dunha moción de censura, aínda non confirmada, que o Partido Popular estaría a argallar coa axuda de dous edís electos polo PSdeG, o partido no goberno local. A alcaldesa de Silleda denunciou en Radiofusiòn que os ex compañeiros de grupo Ofelia Rey e Javier Cu&ia

Logo do acontecido en Gondomar e Mos, onde os populares derrocaron aos alcaldes grazas ao transfuguismo, as sospeitas sinalan de novo ao presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán: “É unha realidade que Louzán veu a tomar un churrasco na parroquia da agora alcaldable Ofelia Rey, así como que de súpeto hai unha praza creada na Deputación de veterinario que seguramente é o prezo que lle puxeron a Javier Cuíña para obter o seu apoio”, denuncia a aínda rexedora de Silleda.

Fronte ás declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen dixo que en Silleda non existía transfuguismo, senón un goberno local que esmorecía por problemas internos, Paula Fernández asegurou que “a xestión de Silleda é posible e a gobernabilidade do Concello está garantida” na situación actual e lembrou que “o pasado domingo domingo 4.000 habitantes dunha vila de 9.000 saíron á rúa a apoiar á súa alcaldesa”.

O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, canda a Núñez Feijóo, acode este sábado a unha festa da militancia do PPdeG, que se celebrará precisamente en Silleda, no que semella un apoio explícito á censura e a negación do transfuguismo. A alcaldesa coida que a moción será presentada despois para “que non se lle estrague a festa e se lle atore a comida a Rajoy”.

Institucional