Peche no Banco Pastor, accionista da patronal

Peche no Banco Pastor, accionista da patronal

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os empregados das instalacións deportivas de Ferrolterra decidiron hoxe continuar as súas movilizacións na sede central do Banco Pastor na rúa Real. Os piquetes informativos achegáronse ao establecemento bancario e accederon ao seu interior comunicando a clientes e empregados do banco as súas reivindicacións. Segundo comunica a CIG, o Banco Pastor é propietario do 40% das accións da empresa SIDECU, unha das empresas afectadas e que desenvolve os

Con esta movilización os sindicatos queren trasladar á opinión publica que a patronal si ten diñeiro para afrontar as demandas salariais dos traballadores. Mentres tanto nos últimos días rescindiuse o contrato, por fin de servizo, a dous traballadores de Ferrol e Narón, pertencentes ás empresas Servio-Ocio que opera en Ferrol e Sidecu en Narón. Polo que respecta á mesa de negociación, todo segue igual e todavía non hai contactos entre patronal e traballadores para desbloquear a situación.

Deportes