As Pepitas estreanse en Ferrol

As Pepitas estreanse en Ferrol

12 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As madriñas estreanse esta tarde como preludio da máxica noite do venres 18 de marzo en Ferrol. Bohemios, Sonidos del Alba de Caranza e Lucero del Alba de Neda honrarán ás mulleres que acompañarán ás rondallas a Noite das Pepitas. Lucero del Alba presenta a Paula Fernández ás sete e media desta tarde na Casa da Cultura de Neda. Sonidos del Alba levará a María José Rivera e xa lle cantar&aacut

As Pepitas este ano traerán novidades. En lugar do desfile conxunto das rondallas entre a Praza de Armas e a Praza de Amboaxe, cada rondalla sairá dende un punto diferente de Ferrol e cantará debaixo de diferentes balcóns engalanados para a ocasión. A rondalla mugardesa por exemplo, sairá do Parador de Turismo, segundo sinalou o presidente da entidade  Leonardo Garcia Ponte. A madriña da rondalla mugardesa Vanessa Delgado espera a noite das Pepitas con emoción. Xa levaba anos querendo ocupar ese posto.

As rondas da Noite das Pepitas comezarán ás 20.00 horas da tarde do venres, 18 de marzo -véspera de San Xosé- e prolongaranse ata as 23.00 horas. Nesa xornada, as rondallas percorrerán as rúas da cidade cantando e poñendo en valor a beleza das mulleres ferrolás cumplindo deste xeito cunha tradición de orixes pouco coñecidas que se realiza ininterrumpidamente desde o ano 1903. Foi nos anos sesenta cando cobrou unha especial relevancia ao decidir o Concello de Ferrol darle un carácter institucional a esta festa, a máis singular e característica da cidade.

Sociedade