A perfección no baile

A perfección no baile
05 de Setembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de baile Caraveleiras de Fene naceu en 1983. José Llao propúxolle á directiva do Círculo de Fene a creación dun grupo que aproveitara a canteira das escolas de baile.

ESCOITA O PODCAST:

"Queremos a perfección no baile" afirmaba o director de Caraveleiras José Llao

http://173.255.131.18/audio/040920LLAO.mp3

José Llao e José Seco cun grupo de Caraveleiras. 1985. Magalofes

Debutou cunha actuación o Dia das Letras Galegas de 1983. Andando os anos, independizouse do Circulo e os membros formaron unha entidade propia. Buscaban ampliar o repertorio incorporando por exemplo muiñeiras e maneos. Era un grupo non profesional pero querían a perfección no baile, segundo explicaba José Llao en Radio Fene. Trinta bailaríns compoñían en 1994 un grupo impulsado por Emilio Bolaño, José Llao, Moncho García Rey, José Seco Calvo e moitas outras persoas. Xosé María Pérez Parallé elixiu o nome de Caraveleiras.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora