Perlío da a benvida ao Nadal con chiculate

Perlío da a benvida ao Nadal con chiculate

12 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Praza da Escola de Perlío - Fene- acolle este sabado 14 de decembro a 4ª edición da festa dos nenos-as. Arredor dunha chiculatada con churros, a AVV reunirá a centos de persoas, maioritariamente pequenos que disfrutarán da merenda a partir das seis da tarde, así como de hinchables e outros xogos e a música de Tania. As directivas da entidade, Maria Dopico e Yolanda, encárganse da preparación do chiculate, do que pensan servir uns 60 litros.

O ano pasado repartíronse 140 ducias, segundo o presidente da entidade, Carlos Fernández Sanjuán, quen nos convida a visitar no local veciñal unha exposición de botellas recicladas, que chama a atención do público.

Sociedade