Perlío despide o verán cunha churrascada e co dúo Caramelo

Perlío despide o verán cunha churrascada e co dúo Caramelo

18 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Veciñal de Perlío despide o verán e dá a benvida ao outono con diferentes actividades. A primeira é a festa de fín do verán este sábado cunha churrascada dende as nove da noite amenizada polo Dúo Caramelo. A primeira actividade do outono será unha excursión ás localidades de Vimianzo, Camariñas, Fisterra e Ézaro. A viaxe está programada para o vintecatro de outubro.

A entidade veciñal de Perlío convócanos ao Samaín que celebran o primeiro de novembro, a partir das sete da tarde. Convídase a participar disfrazados e levar unha cabaza porque haberá concurso de cabazas con premio á máis orixinal. Servirase bola con queixo e queimada.

 

Sociedade