Perlío prepara unha espectacular festa do lisco

Perlío prepara unha espectacular festa do lisco

25 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Player´s, Panamá e unha terceira orquestra ainda por concretar arrufarán a festa do lisco en Perlío o venres trece de marzo. As formacións musicais presentarán os seus novos compoñentes e o espectáculo preparado para este ano 2015. A comisión de festas montará un toldo e unha carpa e servirán racións de liscos, chourizo, viño e bola de Maniños ao prezo de dez euros.

O toldo da comisión venderá as cañas de cervexa a un setenta e os cubatas a tres euros. Son prezos económicos e buscan recaudar fondos para as festas do verán. O ramista Roberto Reimundez non se explica as razóns do crecente éxito das verbenas e das orquestras entre a xente máis nova.

Os Satélites, Os Players, La Charanga Mecánica e Olympus animarán as festas dos Santos en Perlío para o 23 e 24 de maio. Para o patrón, contaráse con Costa Dorada e Boy machine o 8 e o 9 de agosto. Pero a cita maís inmediata e o venres trece de marzo, coa Festa do Lisco en Perlío.

Sociedade