Pilar Fornos continua na presidencia do Círculo de Perlío

Pilar Fornos continua na presidencia do Círculo de Perlío

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pilar Fornos seguirá na presidencia do CCRD de Perlío (Fene A Coruña) outra temporada máis, despois de que Asamblea xeral de socios ratificase á actual directiva. Non se presentaron máis candidaturas e polo tanto continuan as mesmas persoas dirixindo a entidade. Ratificouse ao presidente da sección deportiva, Juan Seco, que á sua vez é vicepresidente terceiro do Círculo.

No capítulo financieiro, o CCRD de Perlío, presenta unhas contas saneadas,  cun crédito herdado ao que hai que seguir facendo frente, segundo a presidenta. A pesar diso, o Circulo continua con melloras das instalacións que no 2009 se saldaron coa reforma dos baños, o cambio da caldeira e o aumento do nº de radiadores da calefacción no salón.  A colocación de tarima flotante no chan do salon de actos  é o próximo investimento previsto. Os socios-as pediron na asamblea celebrada onte, a unidade de acción entre a parte cultural e a deportiva. Aprobouse manter as mesmas cuotas do ano pasado, a causa da crise.

Sociedade